CELEBRAMOS: AGROTURISMO

Un día decidimos compartir algunhas das experiencias que máis nos enriqueceron desde que chegamos á Ribeira e que agora forman parte da nosa rutina anual: colleitar froitas das árbores, cultivar o noso propio horto, cociñar e facer conservas cos seus produtos, recoller cogomelos no bosque

E os eventos con amigos e veciños: vendimiar de forma tradicional, facer embutidos, o Magosto ou Castañada.

Desde hai séculos, despois de cada verán e antes de que cheguen as primeiras choivas, na Reitoral e en cada pequena ou gran viña da zona veciños e familiares acoden para axudar a recoller e pisar a uva. Despois deixámola fermentar e a mantémola en cubas para que se vaia facendo o afamado viño de Amandi paseniñamente.

A final de ano, despois da matanza, reunímonos para elaborar chourizos e salchichones coa carne do porco. Unha vez secos, degustarémolos en diversos festexos. Un deles é o Magosto ou Castañada, onde se celebra e realiza a recollida deste froito, e onde non faltarán as castañas asadas ao lume, o viño novo e os embutidos recentemente feitos.

Estas actividades ancestrais e únicas mantéñense desde tempo inmemorial na Ribeira Sacra, creando así economía, rito, festa e tradición.

Se che apetece participar dalgunha delas durante a túa estancia na Reitoral, consulta o noso Calendario de Obradoiro e Actividades de Agroturismo, que cambia cada ano:

  • Vendima comunitaria tradicional SETEMBRO
  • Chorizada Comunitaria tradicional NOVEMBRO, outra en decembro, outra en xaneiro
  • Magosto ou Castañada. FINAIS SEPT e OUTUBRO
  • Procura e recollida de cogomelos. OUTUBRO
  • Recollida de verduras no horto, embotellado e conservación: EN CALQUERA MOMENTO
  • Recolección de froitos.A FINAIS AGOSTO

Organizamos tamén obradoiros para nenos, mozos e para adultos, nos que tratamos de fundir a experiencia de habitar unha contorna viva e marabillosa coa nosa paixón pola comida e a cociña local de calidade:
Obradoiros

  • Cociña galega de inverno
  • Cociña galega de verán
  • Un Horto de seres vivos
  • Un Xardín de seres vivos
  • Un Bosque de seres vivos
  • Espazos con-sentido (Como crear e manter espazos vivos e belos)

¡Contacta con nosotros!

Mogueira, 68 Anllo, Sober, Lugo

Phone : +34 982 46 00 39

El tiempo en Sober
11°
tiempo.com  +info


casas rurales

Copyright © 2015 rectoraldeanllo. Todos los derechos reservados.