CELEBRAMOS: AGROTURISMO
Un día decidimos compartir algunhas das experiencias que máis nos enriqueceron desde que chegamos á Ribeira e que agora forman parte da nosa rutina anual: colleitar froitas das árbores, cultivar o noso propio horto, cociñar e facer conservas cos seus produtos, recoller cogomelos no bosque
E os eventos con amigos e veciños: vendimiar de forma tradicional, facer embutidos, o Magosto ou Castañada.
Desde hai séculos, despois de cada verán e antes de que cheguen as primeiras choivas, na Reitoral e en cada pequena ou gran viña da zona veciños e familiares acoden para axudar a recoller e pisar a uva. Despois deixámola fermentar e a mantémola en cubas para que se vaia facendo o afamado viño de Amandi paseniñamente.
A final de ano, despois da matanza, reunímonos para elaborar chourizos e salchichones coa carne do porco. Unha vez secos, degustarémolos en diversos festexos. Un deles é o Magosto ou Castañada, onde se celebra e realiza a recollida deste froito, e onde non faltarán as castañas asadas ao lume, o viño novo e os embutidos recentemente feitos.
Estas actividades ancestrais e únicas mantéñense desde tempo inmemorial na Ribeira Sacra, creando así economía, rito, festa e tradición.
Se che apetece participar dalgunha delas durante a túa estancia na Reitoral, consulta o noso Calendario de Obradoiro e Actividades de Agroturismo, que cambia cada ano:
- Vendima comunitaria tradicional SETEMBRO
- Chorizada Comunitaria tradicional NOVEMBRO, outra en decembro, outra en xaneiro
- Magosto ou Castañada. FINAIS SEPT e OUTUBRO
- Procura e recollida de cogomelos. OUTUBRO
- Recollida de verduras no horto, embotellado e conservación: EN CALQUERA MOMENTO
- Recolección de froitos.A FINAIS AGOSTO
Organizamos tamén obradoiros para nenos, mozos e para adultos, nos que tratamos de fundir a experiencia de habitar unha contorna viva e marabillosa coa nosa paixón pola comida e a cociña local de calidade:
Obradoiros
- Cociña galega de inverno
- Cociña galega de verán
- Un Horto de seres vivos
- Un Xardín de seres vivos
- Un Bosque de seres vivos
- Espazos con-sentido (Como crear e manter espazos vivos e belos)
Copyright © 2015 rectoraldeanllo. Todos los derechos reservados.