HABITAMOS

Como oriúndos de cidade e xente creativa, achegamos sons, cores e formas doutros ámbitos, e levámolos á Reitoral de Anllo para alixeirala de pasados remotos. Ao fundilos co corazón desta casa nas habitacións, na cociña, nos salóns, no xardín, obtivemos a cambio altura, viveza e profundidade. Expansión...

A casa

Na Reitoral de Anllo mantéñense os teitos orixinais de castiñeiro, os frescos de Castinandi en paredes e portas, e as estruturas de pedra dunha casal galega do século XVIII de estilo italiano.

Cadros e fotos de autores contemporáneos, lámpadas de deseño propio, madeira pintada ao óleo, ambientación musical coidada; o espírito artístico está presente en cada detalle e en cada recuncho da Reitoral, e en todo o que facemos nela.

 

Horto e Xardíns

Fermosos, especiais, recunchos coidados e mimados con esmero. No noso Laboratorio para un Mundo Novo podedes sentir a paixón de Javi coidando do horto, ou escoitar a Nacho falar da vida no xardín. Despois miraredes cada árbore e cada planta con outros ollos e sentiredes a alma que os habita, veredes máis aló do que parece ser….

Maceiras, pereiras, figueiras, grandes parterres de hortensias, ameixeiras, nogueiras, castiñeiros….

El bosque

O latexar da Ribeira Sacra escóitase paseando polos seus bosques. Relaxados e relaxantes, vivos, frondosos, desexosos de ser descubertos e transitados de novo por propios e estraños.
Abeleiras, bidueiros, castiñeiras, boletos, uz branca, xestas….

O viñedo

Mestura de uvas Mencía e Garnacha para o tinto, e de Godello e Xerez para o branco. Aquí prodúcense os froitos para elaborar ese viño tan especial que figura na carta do noso restaurante.

¡Contacta con nosotros!

Mogueira, 68 Anllo, Sober, Lugo

Phone : +34 982 46 00 39

El tiempo en Sober
11°
tiempo.com  +info


casas rurales

Copyright © 2015 rectoraldeanllo. Todos los derechos reservados.